
Tiña moita vinculación co municipio e pretende dedicarlle unha sala do futuro museo de arte
03 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Oleiros levará a pleno nomear a título póstumo fillo predilecto ao pintor Felipe Criado (Xixón 1928 - A Coruña, 2013), que viviu na zona de Mera. Con iso preténdese recoñece a súa especial vinculación co Concello. «Era un namorado do noso municipio, un gran pintor e a súa familia reside aquí e sobran razóns para designalo como fillo adoptivo», avanzou o alcalde, Ángel García Seoane, en Voces da Coruña, de Radio Voz. «Temos en mente, que no museo que se cree en Oleiros, xa que temos previsto crealo, crear unha sala dedicada a Felipe Criado», apuntou. Este artista que continuou traballando ata a súa morte, tivo unha ampla traxectoria e foi un referente da plástica figurativa galega, cunha obra inicial máis vinculada as paisaxes e ás figuras infantís e unha segundo, na figura humana, cunha breve incursión no mundo da abstracción.