Un total de 30 centros da área da Coruña participan nos clubs de lectura

La Voz

OLEIROS

biblioteca
FUCO REI

Na provincia están o 43 % das bibliotecas adheridas ao plan de Educación

07 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O programa Clubs de Lectura da Consellería de Educación conta coa participación de 105 centros escolares da provincia (o 43 % dos 245 de toda Galicia) dos cales 30 están na área metropolitana coruñesa. A iniciativa busca impulsar o hábito lector. Centros da Coruña, Abegondo, Cambre, Arteixo, Betanzos, Culleredo, Curtis, Oleiros e Sada adheríronse ao Plan Lea de Bibliotecas escolares.