A praia de Marín, en Miño, estrea accesos e unha pasarela de madeira

D. Vázquez MIÑO

MIÑO

C. M.

Eliminaron especies invasoras deste areal de Perbes

15 may 2024 . Actualizado á 12:21 h.

O Concello de Miño destaca o cambio experimentado na praia de Marín, en Perbes, tras a finalización dun proxecto cun orzamento total de 90.700 euros. A obra consistiu na instalación.de unha nova plataforma de madeira e a mellora dos servizos, quedando así lista para afrontar a tempada de verán.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, e outros membros do goberno local visitaron o areal tras culminar as obras, que permitiron acondicionar o camiño de acceso, crear unha plataforma de madeira que permite controlar a erosión do bordo litoral e gozar do espazo natural e a paisaxe; eliminar as especies exóticas invasoras e canalizar os servizos de auga e electricidade.