00031715085686029690865

A praia da Ribeira, en Miño, recupera a bandeira azul

La Voz

MIÑO

O areal de Perbes-Andahío mantén tamén o recoñecemento

07 may 2024 . Actualizado ás 15:55 h.

A praia da Ribeira en Miño, tamén coñecida como Praia Pequena, recupera este ano o selo de calidade bandeira azul, que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac). Miño contará así con dúas praias recoñecidas con este distintivo, xa que o areal de Perbes-Andahío, manteno. A Ribeira recupera así un recoñecemento que non obtiña desde o 2017.

«Cabe destacar que os máis de 7 quilómetros de costa de Miño ofrecen fermosas praias, ben cara á ría de Betanzos ou cara a mar aberto do Atlántico. Todas elas son dunha calidade excepcional e o goberno local traballa para facer dos areais un lugar cómodo para residentes e visitantes mentres se respecta o medio ambiente», indican desde o consistorio.

En canto áp laya Grande, o Concello asegura que continúa traballando para solucionar os problemas puntuais que lle impiden obter este recoñecemento. Ademais destas praias, Miño conta tamén coa praia de Alameda, situada na desembocadura do río Lambre; Marín, entre Perbes e punta Redonda; e Lago, unha pequena cala.

O Concello de Miño subliña a calidade de todos os seus areais e traballa para mantelos nun óptimo estado para a súa conservación e goce por parte de veciños e turistas.