O Basket Xiria gaña en Culleredo e métese na final da Copa Galicia

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CULLEREDO

BASILIO BELLO

Disputará o título mañá en Vilagarcía contra o Sigaltec (19.00 horas)

26 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Tres anos despois, o Calvo Basket Xiria volverá xogar a final da Copa Galicia de Terceira FEB, antiga Liga EBA. Os de Héctor Méndez asaltaron a pista do Traumacor Culleredo (68-77) no partido definitorio e pecharon unha primeira fase de ilusión, na que os carballeses gañaron os catro encontros que disputaron.

O mércores, en Culleredo, os locais só dominaron os primeiros minutos para logo caer ante unha actuación moi coral do Xiria. Houbo ata sete xogadores que anotaron, polo menos, oito puntos, sendo o que máis o pivote francés Curtis Larousse, con once.

A final disputarase mañá no pavillón Sara Gómez, en Vilagarcía de Arousa, onde fará de anfitrión o Sigaltec. No 2022, os carballeses caeron no Vila de Noia contra o Chantada.