Os adxudicatarios dos hortos urbanos de Culleredo inician a súa formación

La Voz CULLEREDO

CULLEREDO

cedida

O Concello imparte sesións teóricas e prácticas para preparalos no coidado das 38 parcelas

14 mares 2021 . Actualizado ás 20:48 h.

Os adxudicatarios do novo proxecto de hortos urbanos do Concello de Culleredo acaban de iniciar a súa formación. Trátase de sesións cunha parte teórica e outra práctica para que adquiran as competencias necesarias de cara a traballar na súa parcela.

Os responsables dos 38 hortos urbanos, 24 no xardín botánico do Burgo e 14 no pazo de Villa Melania de Vilaboa, desenvolveron esta fin de semana clases no centro municipal de formación Pablo Picasso. Foron divididos en catro grupos de cara a cumprir as medidas de seguridade polo contexto sanitario actual.

Este programa teórico seguirá ata finais de mes para despois emprender prácticas nos hortos. O obxectivo é preparar aos beneficiarios na plantación e produción de horticultura ecolóxica.

Ao longo de todo o 2021, o Concello continuará coa combinación de sesións teóricas, prácticas e tutorías individualizadas en horticultura ecolóxica que permitan aos participantes sacar o máximo rendemento dos hortos, sempre dentro do marco dunha agricultura respectuosa co medio ambiente