
As empresas terán un prazo de 30 días naturais para presentar as súas ofertas
18 jun 2025 . Actualizado á 12:39 h.A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, explicou que a xunta de goberno local aprobou este mércores a licitación da obra do centro de saúde de Santa Lucía, na Falperra, que incluirá tamén unha renovación da antiga praza de abastos e un centro cívico.
As empresas terán un prazo de 30 días naturais para presentar as súas ofertas e agarda que a obra, que vai durar 18 meses, empezo antes de que acabe o ano.
Mentres, la rexedora cargou contra a Xunta por «lavarse as mans» e deixar en mans dos concellos a regulación para que operen compañas como Uber. Así, culpou ao Goberno galego de pasar a «pataca quente» aos concellos «sen avisar nin coordinar para ter unha regulación harmonizada». «Estamos todas as cidades galegas igual», apuntou a alcaldesa, que indicou que a compaña poderá seguir operando de xeito «transitorio» ata que se aprobe de xeito definitivo a ordenanza de mobilidade.
Sobre unha posible agresión sexual nos baños públicos da praia de Riazor, Rey sinalou que non teñen «coñecemento exacto» duns feitos que, en todo caso, son competencia da subdelegación do Goberno.
A alcaldesa tamén respondeu a unha pregunta sobre a vinculación de Isabel Pardo de Beira, que fora designada para dirixir o plan estratéxico da cidade, coa trama de mordidas vinculada a Santos Cerdán. «Non lin o informe da UCO, non teño tempo. Xa saíu que fora a declarar e hai que respectar a presunción de inocencia», asegurou.