A mellor tortilla de España leva grelos e chourizo

A Coruña CIDADE

Ramón Rodríguez e Isabel Xesto, do Cabo de Picavia, quedaron segundos detrás da do Cañadío de Santander

03 oct 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

1Unha vez máis, as tortillas coruñesas de inspiración betanceira arrasaron no certame nacional celebrado en Alacante. Ramón Rodríguez e Isabel Xesto, do Cabo de Picavia, quedaron segundos detrás da do Cañadío de Santander. «Estamos moi contentos. Había moito nivel e a votación estivo moi rifada. O ano pasado só deron un primeiro premio que estivo repartido entre dous locais (Mesón O Pote de Betanzos e Tizona de Logroño), pero este ano, por esa igualdade que había, optaron por elixir tres», explica Ramón. A súa tortilla é a preferida por Alberto Núñez Feijoo e por centenares de coruñeses, que terán que agardar unhas semanas para probala porque o negocio de Picavia está con obras de ampliación.

Pero o éxito coruñés non acaba aquí porque o cociñeiro Alejandro Oliveira, que viviu na Coruña dos 8 aos 18 anos e descubriu aquí a tortilla, gañou o primeiro concurso de tortilla con .É chef e socio dos restaurantes A Lorenza e A Saia, en Lavapiés, Madrid, onde a tortilla tipo Betanzos é o prato estrela. A que lle valeu o primeiro premio leva grelos e chourizo ceboleiro de Lalín. É a primeira vez que o evento que organiza Rafael García Santos inclúe unha categoría dedicada ás tortillas con algún ingrediente a maiores «sen caer nas mezcolanzas», puntualiza o promotor do evento.