Unha empresa creada por investigadores da UDC recibe o Premio Nacional de Informática

La Voz

A Coruña CIDADE

CEDIDA

A firma destacou, entre outras cuestións, pola súa actividade no ámbito de computación de altas prestacións, o seu dinamismo e o seu impacto nacional e internacional

01 jun 2020 . Actualizado ás 13:05 h.

A empresa Torusware, creada por investigadores do Centro de Investigación TIC (Citic) da UDC, recibiu o Premio Nacional de Informática 2020 na categoría Premio Ramón Llull, outorgado pola Sociedade Científica Informática de España e a Fundación BBVA. Esta firma está impulsada polos investigadores da área de de Computación de Altas Prestacións o Citic, Guillermo López Taboada, Juan Touriño Domínguez e Ramón Doallo Biempica, está especializada na análise, deseño e implantación de plataformas de alto rendemento para análise de datos e calidade de Software en ámbitos de servidores corporativos e na nube.

Segundo o xurado encargado de conceder o galardón, a empresa foi premiada «pola súa actividade no ámbito da computación de altas prestacións e a súa aplicación ao procesameto de grandes volumes de datos, o seu dinamismo e aposta polo I+D+i e polo seu impacto nacional e internacional».

Os Premios Nacionais de Informática están dirixidos a recoñecer o traballo de investigadores e entidades na área da informática que dediquen a súa carreira profesional ao estudo, fortalecemento e divulgación desta disciplina.