O Instituto de Enfermidades Pouco Frecuentes premia a Luis Verde, xerente do Chuac

La Voz A Coruña / LA VOZ

A Coruña CIDADE

ANGEL MANSO

09 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Instituto de Investigación e Desenvolvemento Social de Enfermidades Pouco Frecuentes (Indepef) concedeu o premio a mellor xestor hospitalario do 2017 a Luis Verde, xerente da área sanitaria da Coruña.

Estes galardóns, que acadan a súa novena edición, teñen como obxectivo recoñecer a aqueles profesionais, institucións e persoas que «co seu esforzo e apoio merecen unha mención polo seu traballo e dedicación a beneficio destas patoloxías», segundo o instituto, cuxo obxectivo é definir e fomentar un modelo socio-sanitario e proxectos de innovación que melloren a calidade de vida dos afectados.