«Josefa, son Amancio (Ortega), prepara unha tortilla que paro a comer na túa casa»

La Voz COIRÓS

COIRÓS

atr

A fundadora das tortillas a leña de Coirós cumpriu 100 anos lembrando anécdotas co propio dono de Inditex

02 dic 2023 . Actualizado ás 21:17 h.

Trinta familiares, entre fillas, netos, xenros, sobriños e unha bisnieta celebraron este sábado o 100 aniversario da nai, avoa, bisavoa, Josefa Darriba García, que naceu en 1923 no lugar da Cal en Coirós. Ela mesma contaba que empezou a traballar aos 12 anos levando leite de 17 casas veciñas a Betanzos. Todos os días cargaba sobre a cabeza algo máis de 30 litros que proviñan de varias familias brigantinas. O tornaviaje a Coirós facíao todos os días cunhas dez bollas de pan da quilo, encargo da casa de comidas dos Chas, á beira da N-VI tamén en Coirós. 

Josefa lembraba tamén os anos da Guerra Civil (en Teruel morreu o seu irmán Alfredo con 20 anos). En 1951 casou co seu noivo e veciño, Manuel Tomei Rodríguez, de Coirós de Abaixo. O matrimonio quedou a vivir na casa patriarcal de Tomeinos. Alí empezou outro episodio da súa vida, que hoxe continúa en mans da súa filla Carmen.

Foi na mediados dos 50 cando cuadrillas da Coruña que ían comprar o excedente de viño que cultivaban tomeinos, quedaban a comer as merendas que eles trouxeran. As cuadrillas foron a máis e as merendas tamén, na lareira da cociña, Josefa comezou a facer tortillas con lume de leña e entre calor e veu a fama da casa foi crecendo. Un dos clientes habituais foi durante moitos anos Amancio Ortega. «Chamaba desde A Coruña é dicía: ''Josefa, son Amancio, prepara unha tortilla que teño que ir a Madrid e paro a comer na túa casa”. Era nos anos que empezaba a montar as tendas de roupa». Hoxe, esa tradición de tortillas ao lume da lareira está nas mans da súa filla Carmen.

Úneche á nosa canle de WhatsApp

O alcalde de Coirós, Francisco Quintela, achegouse ata Casa Tomei para felicitar a Josefa. Ao lado da lareira, Quintela entregou un ramo de flores en nome do Concello de Coirós á nova centenaria. Josefa ten un estado de saúde magnífico, non lle doia nada, come de todo, ten unha memoria prodixiosa e moita enerxía. Só padece un pouco de xordeira, pero que soluciona cuns audífonos. Manuel e Josefa tiveron tres fillas, Marisol, Carmen e Fina, presentes na festa de aniversario.