Achan o corpo sen vida dunha muller nun regacho de Carral

La Voz

CARRAL

Imagen de archivo de una ambulancia del 061
Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061 CEDIDA

Foi atopada a uns 100 metros da súa vivenda e crese que se desvaneceu

08 may 2024 . Actualizado á 19:52 h.

Un veciño de Carral alertou este mércores, ao redor das cinco da tarde, de que localizara o corpo sen vida dunha muller nun regacho de Carral, concretamente no lugar de Taramuño, na parroquia de Santo Vicente de Vigo. Segundo as primeiras hipóteses crese que a muller, de máis de 80 anos e que vivía a uns cen metros de onde foi achada, desvaneceuse coa mala sorte de que caeu na zona de auga. A falecida, viúva e con dous fillos, era coñecida no municipio porque durante toda a súa vida dedicouse á venda de legumes na feira. 

Á zona acudiu o Servizo Municipal de Emerxencias, xunto á Policía Local, que se atopou a esta veciña boca abaixo no regacho, tomáronlle o pulso e viron que non era posible reanimala. Ante esta situación, chamaron ao 061 e ao médico do Punto de Atención Continuada de Cambre que certificou o seu falecemento.