As últimas analíticas de Betanzos están libres de norovirus

La Voz BETANZOS

BETANZOS

Dolores Vázquez

O Concello mantén as restricións ata unha mostra de confirmación a próxima semana. O depósito de Xanrozo segue contaminado

27 jul 2023 . Actualizado á 14:32 h.

As analíticas tomadas nas últimas mostras dan libre de norovirus, unha cuestión analizada este xoves pola Consellería de Sanidade, Augas de Galicia, Viaqua e o Concello de Betanzos. A alcaldesa informou que actualmente a presenza de norovirus, segundo as analíticas, só se manteñen no depósito de Xanrozo. Para o luns está previsto que se tomen novas mostras de confirmación e, no caso de que se manteñan os mesmos parámetros, a mediados da próxima semana levantaríanse as restricións que as Administracións piden que se manteñan uns días máis de forma preventiva. Nesa caso non se incluirían os núcleos rurais que se abastecen do depósito de Xanrozo. Trátase de zonas como A Graña, Guiliade, Piadela, Viladesuso, Castro, Infesta, Ou Farragoto, Abelares e parte da Condomiña.

«Ata ese momento mantéñense as restriccións para a inxestión (bebida ou preparación de alimentos), lavado de alimentos e hixiene bucodental», recalcan desde o Concello de Betanzos. Segundo trasladou Saúde Pública, non se constatou ningún incremento de casos de gastroenterites «por encima dos habituais», ao contrario que o pasado mes de xuño.

O Concello, xunto coa empresa Viaqua, manterá o servizo de abastecemento a través de tres cisternas que se renovan cada día e que reparten 15.000 litros diarios. Tamén se están distribuíndo garrafas de auga entre os colectivos máis necesitados.