Arteixo acouta con estacas a zona de limpeza de pélets

ARTEIXO

Tragsa mandou traballadores para retirar as bolitas esparexidas por Mera, en Oleiros

10 ene 2024 . Actualizado á 20:54 h.

Arteixo decidiu balizar os traballos de limpeza de pélets nas praias para evitar que o paso de persoas acabe enterrando as bólas plásticas que chegaron aos seus areais tras a caída dun colector con este residuo contaminante fronte ás costas de Portugal, que está a chegar ás costas galegas.

Os operarios da empresa pública Sumarte, que é aos que o Concello encargou este labor, comezaron a realizar este traballo este mércores na praia de Barrañán sinalizando con estacas de madeira a zona que pretenden limpar.  Ademais, instalan carteis nos que se indica cal é a parte que está libre de pélets e tamén onde non, polo restrínxese o paso. Arteixo iniciou o luns está recollida, despois de detectar que os pélets tamén chegaran á súa costa.

Dolores Vázquez

A Barrañán achegouse este mércores tamén un grupo de amigos con material para realizar ese traballo. Os operarios indicáronlles que eles están a limpar, mentres llo permite a marea, fronte a primeira pasarela de madeira e pedíronlles que actuasen noutra zona do areal. Noelia Prego e Rebeca Brandariz, dous das voluntarias, precisaron que decidiron un grupo de amigos de Carral sumarse aos traballos de voluntariado e optaron por achegarse a Arteixo. É o primeiro día que baixan a retirar pélets. Ningúns aínda lembran participar na cadea humana de escolares que de organizara polo desastre do Prestige.

Marcos Miguez

Non foi o único lugar onde se realizaron limpezas este mércores. Traballadores de Tragsa traballaron tanto pola mañá como pola tarde na praia de Mera, a máis afectada das de Oleiros. En días pasados, voluntarios xa realizaran limpezas na zona, pero a marea esparexeu os pélets e continúan chegando ao areal.  «É un traballo de chineses», recoñecía unha persoa na praia, ao ver como se podían ver pequenas bolitas esparexidas por todo o areal en pequenas cantidades.

Marcos Miguez

Desde a consellería tamén se informou que este mércores o persoa de Tragsa iría á praia de Morazón, en Sada. Un areal situado na zona de Fontán. O martes foran ás Delicias, o areal urbano, pero alí non se detectou que chegasen.

A alcaldesa da Coruña acusa de «soberbia» e «inacción» á Xunta por xestión de pélets

 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, lembrou este mércores que desde o Concello encargaron facer análise dos pélets aparecidos nas praias da cidade para coñecer a súa toxicidade e composición, xa que asegura que o goberno galego non lles comunicou o resultado do seu estudo. «A actuación da Xunta neste caso foi manifestamente mellorable. Fágoa responsable da inacción, incompetencia e atraso. A Xunta sabe desde o 13 de decembro que existía este problema e optou por unha actitude de enroque, soberbia e botar balóns fóra. Non exercer competencias propias non é unha forma de gobernar», remarcou Rey.

Neste sentido, engadiu que «podían tomar nota dos nosos veciños de Asturias», cunha actuación «máis responsable, rápida e seria». «A Xunta foi orgullosa e soberbia. O Estado ofreceu axuda desde o primeiro momento», engadiu Rey, que lle pediu ao executivo autonómico exercer a súa responsabilidade. «Os Concellos estamos a asumir competencias impropias sen recibir fondos», remarcou Rey, que apuntou que non tiveron nin unha chamada do goberno galego.