Un grupo de surfeiros sacan do mar a un nadador inconsciente en Valcovo, en Arteixo

La Voz A Coruña / LA VOZ

ARTEIXO

.

O home foi trasladado ao Chuac por unha ambulancia do 061 no medio dunha gran expectación pola elevada afluencia á praia nun sábado moi caloroso

30 sep 2023 . Actualizado ás 21:48 h.

Un home de mediana idade foi rescatado inconsciente na auga por un grupo de surfeiras pasadas as 19.30 horas deste sábado na praia de Valcovo, en Arteixo. Á central de urxencias 112 chegou un aviso da agrupación de Protección Civil no que informaban de que uns surfeiros acaban de sacar do mar a un home. 

Á praia acudiron de inmediato unha patrulla da Policía Local e dúas ambulancias do 061, cuxo equipo médico conseguiu reanimar ao nadador na area antes de trasladalo ao hospital da Coruña, en principio, con bo prognóstico. Ao parecer, o home tragou auga cando nadaba e, unha vez que recuperou a consciencia, «sobre todo tosía sen parar», sinalaron fontes do dispositivo.

A urxencia provocou unha enorme expectación entre as numerosas familias que aproveitaron o sábado e as boas temperaturas para pasar o día na praia. Apareceron «varios sanitarios correndo pola praia con oxigeno e desfibrilador [que non foi necesario utilizar]», sinalou un bañista, asustado polo que parecía unha situación comprometida, que por fortuna quedou en susto.