O centro deportivo municipal de Arteixo recupera o espazo da área de xogos

d. v.

ARTEIXO

bo

As instalacións volverán abrir ata as 22.30 horas de luns a venres

06 may 2021 . Actualizado ás 12:36 h.

O centro deportivo municipal de Arteixo, xestionado por BeOne, anuncia este venres que volve recuperar as actividades infantís co obxectivo de recuperar o proxecto anterior á pandemia. «Nos últimos meses, notamos que as persoas vólven a animar a facer deporte nos centros deportivos ao consideralos espazos seguros. Gustaríanos que esta tendencia se ampliase a toda a familia e facerlles ver a importancia do deporte na súa saúde», indica Borja Martínez, director da instalación.

O centro deportivo recupera ademais o seu espazo habilitado para zona de xogos infantís para que os pais poidan adestrar mentres os nenos están nun espazo seguro.

Ademais, debido ao cambio do toque de queda ás once, o centro volve abrir ata as dez e media danoite  de luns a venres.

Desde as instalacións remárcase que se cumpre un protocolo covid, con medidas auditadas e certificadas pola Cátedra de Deporte da Universidade Politécnica de Valencia. 

«Xa son moitos os estudos científicos que demostran que as persoas que practican actividade física teñen un sistema inmune máis fortalecido que aquelas que non o fan. Ademais, segundo un deses estudos, o realizado recentemente polo Instituto Cardiovascular do Hospital Clínico San Carlos (Madrid), as persoas activas fisicamente teñen moitas máis posibilidades de sobrevivir un ingreso por coronavirus que as persoas sedentarias, ata oito veces máis», recuerdan.