Adxudicadas por 2,7 millóns as obras do novo centro de saúde de Abegondo

D. V. ABEGONDO / LA VOZ

ABEGONDO

Está prevsito que entre en servizo a mediados do 2025

27 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta adxudicou, por máis de 2,7 millóns, as obras do centro de saúde de Abegondo a Seranco, S.A. O novo equipamento sanitario permitirá a renovación dunha infraestrutura que ten xa máis de 35 anos e favorecerá «unha atención máis integral a case 5.000 pacientes», destacan. As obras teñen un prazo de execución de 12 meses e está previsto inicialas o próximo xuño, co obxectivo de que entre en servizo a mediados do 2025. O edificio, no que destaca o uso da madeira, terá unha superficie útil de 965 metros cadrados, distribuídos en dúas plantas e soto.

«É unha gran inversión para levantar un centro que marcará unha nova era na atención sanitaria en Abegondo», afirma o alcalde, José Antonio Santiso, que se mostra satisfeito polo avance definitivo da tramitación. A nova dependencia levantarase en San Marcos, na parcela adquirida polo Concello xunto ao actual centro de saúde. A superficie total da construción será de 1.221 metros cadrados. O actual ten 400. O centro contará con tres consultas de medicamento, tres de enfermería, unha de pediatría, unha de enfermería pediátrica, unha sala de educación maternal, unha sala de técnicas, outra para urxencias e outra para infecciosos, ademais dun despacho de coordinación e demais espazos comúns.