A Xunta e a Cruz Vermella pon en marcha un centro de atención para a soidade non desexada

Rubén J. García / A.A. A CORUÑA

A CORUÑA

Marcos Míguez

O servizo contará cun teléfono, o 900 830 831,  ao que poderán chamar persoas que vivan esta situación para o posterior seguimento por parte dos profesionais

29 jul 2025 . Actualizado á 17:25 h.

Este martes a Xunta presentou o Centro de Atención á Soidade non desexada na sede da Cruz Vermella na Coruña. O presidente autonómico, Alfonso Rueda, realizou unha visita para coñecer as instalacións e os novos servizos que permitirán axudar a máis de 170.000 persoas en risco de vivir esta situación. Trini de Lorenzo, responsable da Unidade de Proxecto de Innovación na Cruz Vermella, sinala que este proxecto, que comeza cun teléfono de atención, o 900 830 831, conta coa participación de «diferentes axentes sociais» e que a área de intervención «dependerá da situación individual de cada persoa». 

Neste sentido, Rueda afirmou que destinarán 600.000 euros para este plan, aínda que apunta a que os recursos económicos «continúan sendo insuficientes para paliar estas situacións». O presidente da Xunta engadiu ademais que, da man da Cruz Vermella, iniciaron un proxecto piloto de seguimento con 1.000 persoas. Ademais dese teléfono de atención á soidade, a Cruz Vermella indica que está a traballar con robótica social que permite que «a persoa se relacione», e tamén no desenvolvemento dunha comunidade virtual que fomente «a relación entre outras persoas dentro dun marco controlado e definido pola Cruz Vermella». 

Doutra banda e con motivo do acto de presentación deste novo centro, Alfonso Rueda realizou unha visita ás instalacións da Cruz Vermella na Coruña. Durante o percorrido, o presidente da Xunta mostrou especial interese por coñecer de preto o proxecto Ponte na súa pel, unha iniciativa que busca xerar empatía cara ás persoas maiores e concienciar sobre as patoloxías asociadas ao envellecemento. Rueda participou activamente da experiencia, probando ningúns dos dispositivos técnicos deseñados para simular as limitacións físicas da idade como un chaleco de 15 kg de peso que reproduce as dores de costas, luvas que imitan tremores e lentes que recrean afeccións visuais como cataratas ou glaucoma.

A Xunta, en busca de novos avances para a descentralización de Medicina

En paralelo, o presidente da Xunta recalcou o seu obxectivo do «descentralizar» Grao en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).  «O xoves haberá unha nova reunión e agardamos chegar a un resultado», declarou Rueda, engadindo que o acordo de 2015, que permitiu levar a docencia clínica de 6º curso de Medicina fóra de Santiago, «non se estaba desenvolvendo na súa totalidade e necesitaba mellorar a impartición de docencia aos alumnos de medicina en todos os hospitais galegos».