María Pita, na Coruña, contará cun poboado do Nadal de estilo europeo e a casa de Papá Noel
A CORUÑA

O Concello convocará os comerciantes locais para invitalos a participar
04 jul 2025 . Actualizado á 13:37 h.Co verán aínda dando os seus primeiros pasos, A Coruña xa se prepara para o Nadal. A alcaldesa, Inés Rey, anunciou este venres pola mañá no programa Voces da Coruña, de Radio Voz que a praza de María Pita acollerá un poboado e mercadillo durante as datas do Nadal. «Estamos a traballar e para instalar un poboado do estilo aos que hai por capitais europeas e imos empezar a convocar os comerciantes locais para invitalos a participar», dixo a rexedora, que precisou que a instalación ocupará entre o 28 de novembro e o 2 de xaneiro a praza de María Pita e que contará con máis de 50 casas de madeira, a recreación da de Papá Noel en Laponia, árbores e neve artificial. «Haberá casetas para degustar produtos e tamén para comparar artesanía. Teremos que desmontala uns días antes de Reis para que As súas Maxestades poidan entra á praza coas súas carrozas», indicou a rexedora.
A rexedora tamén fixo alusión aos atascos que se rexistraron durante esta semana na rolda de Outeiro e que xeraron malestar entre os veciños. «Son obras que hai que facer e non hai outra solución. Hoxe o tráfico aliviouse un pouco. Reforzamos a sinalización e a seguridade peonil, pero non hai outro xeito de facelo. Son obras que están transformado o barrio e o vindeiro venres quedarán rematadas», asegurou.
Tras coñecerse a noticia que Rebeca Torró será a nova secretaria de Organización do PSOE nacional, Rey volveu reiterar o seu compromiso coa cidade. «Non me vou a Madrid, non me movo de aquí, O meu compromiso coa cidade é total e teño un proxecto ilusionante por desenvolver. Quero seguir traballando pola miña cidade e consolidala como motor económico, social e cultural de Galicia», concluíu.