
Unha muller alertou aos socorristas de que un home intentou facerlle tocamentos nos baños que están ao pé do areal, e posteriormente denunciou os feitos ante a Policía Nacional
18 jun 2025 . Actualizado á 13:22 h.A Policía Nacional recibiu este martes unha chamada desde o posto de salvamento de Riazor, na Coruña, na que lles comunican que estaban cunha muller que lles indicou que cando estaba nos baños públicos do areal un varou accedeu a eles e intentoulle facer uns tocamentos e sobala.
Tras a alerta, axentes do corpo de seguridade desprazáronse ata a praia para buscar ao posible agresor sexual, pero tras realizar unha procura polo areal e as inmediacións marcharon sen dar con el.
A Policía Nacional sinalou que a afectada interpuxo a correspondente denuncia por estes feitos, que ocorreron nunha xornada coa praia chea ata os topes debido ás altas temperaturas.
Preguntada en rolda de prensa por esta posible agresión sexual, a alcaldesa Rey sinalou que non teñen «coñecemento exacto» duns feitos que, en todo caso, son competencia da Subdelegación do Goberno.