Unha pequena camiñada... e a doar sangue

Pablo Portabales
Pablo Portabales A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

Loreto Silvoso

O Centro de Formación de Cruz Roja propón unha iniciativa que culmina cunha doazón de sangue voluntario

18 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A idea é preciosa. Andainas hai moitas, como a que se celebra este domingo contra o cancro. Pero esta, que bautizaron co nome de 1 bolsa=3 vidas, ten a particularidade de que na meta te agardan para que does sangue. Unha pequena camiñada polo Parrote... e a doar.

«Serán menos de tres quilómetros porque senón, non se pode exercer como doante de sangue», explican en Radio Voz representantes do Centro de Formación de Cruz Roja na Coruña. «O obxectivo é sensibilizar sobre a importancia da doazón de sangue e acadar un importante número de extraccións entre os participantes. Contaremos con dous autobuses de doazón de ADOS dispoñibles en horario ininterrompido de 10 a 15 horas.

Lembra que con 1 bolsa de sangue podemos salvar 3 vidas e que nos nosos hospitais se necesitan entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias», explican no programa Voces da Coruña Aránzazu Jiménez de Llano, directora do Centro de Formación de Cruz Roja, María Serantes, titora de segundo ciclo superior de Laboratorio, e os alumnos Antonio Sanjuán e Sara Caro. A cita para esta andaina pioneira é o 1 de xuño e a inscrición xa está aberta. Hai que abonar 6 euros para cubrir todos os gastos, desde as camisetas vermellas que van repartir para crear unha gran marea cor sangre, aos seguros ou o avituallamiento.

«Non é obrigatorio doar, por suposto, pero os que o fagan irán saíndo por grupos para realizar a andaina para que despois non haxa aglomeracións nos autobuses de ADOS», apuntan. Xa o saben, unha cita moi especial e solidaria. Non se marcan obxectivos, pero cantos máis sexan, mellor.