Lorenzana achegou aos estudantes da UDC a política industrial da Xunta

C. D. A Coruña / LA VOZ

A Coruña

Eduardo Pérez

A conselleira de Economía e Industria ofreceu este luns unha charla na Escola Universitaria de Relacións Laborais

07 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou este luns unha charla na Escola Universitaria de Relacións Laborais da UDC na que trasladou aos mozos «a importancia de apoiar o desenvolvemento da base industrial para incrementar as oportunidades laborais das persoas que agora están formándose e impulsar o talento galego».

A conselleira apuntou que o sector industrial «é un potente factor de innovación e de competitividade, e un ámbito crucial para as transicións ecolóxica e dixital, que contribuirá ao desenvolvemento de novas tecnoloxías e modelos de negocio, configurando, á súa vez, novos tipos de emprego que requirirán novas capacidades».

Lourenzana tamén indicou que a Xunta está desenvolvendo unha estratexia que busca «impulsar novos sectores industriais estratéxicos, detectar e integrar novas cadeas de valor, promocionar a formación, a atracción de talento e o emprego de calidade e mellorar a competitividade da industria».