Bernabé Moar, un home xeneroso cun gran afán emprendedor

María Ángeles Pérez Moar

A Coruña

Atr

Fundador de Reformar Moar, faleceu aos 95 anos

29 jul 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Home de gran carácter, humilde, traballador e xeneroso, que coidou e protexeu á súa familia ata o último momento, Bernabé Moar naceu na parroquia de Paderne (Cesuras), no seo dunha familia de campesiños.

A moi temperá idade aprendeu a profesión de carpinteiro para, unha vez casado e con dous fillos, empezar a súa vida en Betanzos , traballando na antiga Mueblería Galega.

O seu gran afán emprendedor fíxolle comezar un negocio de compravenda de madeira de castiñeiro coa axuda da súa muller. Posteriormente, empezou a traballar co centro de inseminación artificial gandeira, en diferentes concellos da provincia da Coruña.

Anos máis tarde xunto, ao seu fillo fundou a empresa Reformas Moar SL, traballando exclusivamente para a antiga Caixa de Aforros (a actual Abanca), conseguindo levantar unha empresa desde cero e convertela nunha empresa familiar que vai pola terceira xeración na xerencia (actualmente un neto está á fronte).

Unha vez xubilado, moi á súa pesar, dedicouse ás súas dúas grandes paixóns: o sector forestal e a compaña da súa multitude de amigos e familiares, acudindo habitualmente a calquera acto social.

María Ángeles Pérez Moar é neta de Bernabé Moar