As fotos favoritas de «Un ano de Voz»

m. m. A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

César Quian

O gol de Morata en Riazor foi a imaxe máis votada polos visitantes

10 ene 2023 . Actualizado á 14:05 h.

Os recordos consérvanse mellor cando temos fotos que os inmortalizan. O traballo dos fotoperiodistas de La Voz de Galicia durante o ano que acabamos de despedir presidiu a exposición que no mes de decembro puideron ver en vivo os veciños da cidade, Un ano de Voz. Nos carteis instalados nos Cantóns estaban instantánea tomadas ao longo de 12 meses. Un percorrido polo noso pasado máis recente no que os viandantes puideron votar as súas imaxes favoritas.

Sucesos, manifestacións, celebracións, alegrías e penas. Un ano dá para moito e a nostalxia sempre produce efecto. Se non, que llo digan aos seareiros. Unha imaxe dun partido foi a máis valorada polos lectores. En concreto, a dun partido que fixo vibrar a Riazor, e iso que non falamos do Dépor. O regreso da selección española ao céspede coruñés no seu amigable contra Islandia en marzo causou furor. Un dos cinco goles que encaixou o país escandinavo, o de Álvaro Morata captado polo obxectivo de César Quian, foi a foto preferida dos lectores. Fíxose cun total de 5.649 votos.

ANGEL MANSO

Apelar aos sentimentos tamén toca a fibra. Esta pode ser unha das razóns polas que a imaxe dun gatito rescatado por na Residencia Canina Do Pazo, en Abegondo, foi a segundo máis votada. A foto de Ángel Manso titulada O gato con gotas obtivo un total de 3.908 votos. O seu obxectivo tamén era o de concienciar ante unha situación que vai a máis: a do abandono de mascotas.

Marcos Míguez

A terceira máis votada é unha imaxe chea de cor e vida. Un dos momentos do desfile do Atlantic Pride celebrado o pasado en xullo na Coruña. Obtivo 3.270 votos. O título da imaxe de Marcos Míguez dio todo: Orgullo sen prexuízo, ao Jane Austen.