O Fórum estrea unha exposición sobre o escritor e político Delgado Gurriarán

La Voz A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

Santi M. Amil

Alexandre Bóveda e Valdeorras Infinda promoven a mostra sobre o intelectual homenaxeado coas Letras Galegas 2022

27 sep 2022 . Actualizado á 05:00 h.

Organizada por Valdeorras Infinda e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a exposición Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira de ensoños chega hoxe ao Fórum Metropolitano, onde estará aberta ao público ata o sábado, 8 de outubro. Á inauguración, prevista para as 19.30 horas deste martes, asistirá o comisario e doutor en Historia Contemporánea Ricardo Gurriarán Rodríguez, que dirixiu a montaxe en 1999. «Con plena e actual vixencia no seu contido», subliñan desde Alexandre Bóveda, a montaxe consta de 26 paneis sobre a vida e obra do escritor, avogado e dirixente do Partido Galeguista Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Valdeorras, 1903-Fair Oaks, Estados Unidos, 1987), a quen se dedica as Letras Galegas 2022. Imaxes e textos compoñen o rastro do autor na vida cultural, social e política galega.