Un estudante de Informática da UDC crea unha aplicación para persoas con parálise cerebral

La Voz A Coruña

A Coruña

Alejandro López, estudiante de la UDC, prueba su aplicación en pacientes de Aspace Coruña
Alejandro López, estudante da UDC, proba a súa aplicación en pacientes de Aspace Coruña Aspace

Alejandro López acudiu este luns ao centro de Aspace na Coruña para facer as primeiras probas

27 jul 2020 . Actualizado ás 17:22 h.

Alejandro López, un novo estudante da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, decidiu fai uns meses dedicar o seu traballo fin de grao a mellorar a atención das persoas con parálise cerebral e cada vez está máis preto de conseguilo. López leva varios meses traballando nun aplicación que integra gran cantidade de xogos terapéuticos para persoas con esta dependencia de calquera idade e, especialmente, para os pacientes de Aspace na Coruña.

Este luns acudiu por primeira vez ao centro da asociación para probar directamente a ferramenta con persoas con parálise cerebral da entidade. Na visita acompañoulle Javier Pereira, subdirector do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (Citic) e Adriana Dapena, profesora da Facultade de Informática da UDC e titora do proxecto de investigación. Tamén estiveron presentes Laura Quiroga e Rubén Carneiro, fisioterapeutas de Aspace Coruña.

Con esta aplicación, Aspace poderá extraer parámetros sobre a evolución dos participantes en canto á súa mobilidade, postura ou equilibrio. Ademais, poderá ser utilizada nos catro recursos da asociación: atención temperá, centro educativo, centro de día e servizo residencial.