O garaxe «atrapado» fronte ao Teatro Colón poderá seguir funcionando ao contar con licenza

David García A Coruña

A Coruña

Marcos Míguez

Esta mañá operarios municipais procederon á eliminación dun dos bancos de pedra que impedía a entrada e saída de vehículos

07 jul 2020 . Actualizado ás 14:16 h.

O Concello da Coruña retirou o banco de pedra colocado este luns para a peonalización dun carril dos Cantóns que impedía a entrada e saída de vehículos do garaxe situado entre os números 28 e 30 da avenida da Marina , fronte ao Teatro Colón. 

O garaxe contaba con licenza desde o ano 93, pero a placa que tiña no exterior non era a correcta, o que levou a pensar que carecía dela.

Segundo fontes municipais, os propietarios aínda están a tempo de abonar a taxa correspondente para o seu uso como garaxe, aínda que terán que cambiar a placa do exterior por unha regulamentaria. 

Neste lugar gárdanse habitualmente catro coches e algunha motocicleta e algún dos propietarios que o utilizan lamentaron que o Concello non lles informase previamente da actuación.