Un prostíbulo móbil, pelexas con arma branca e venda de drogas: os problemas crecen no Orzán

La Voz A Coruña / LA VOZ

A Coruña

orzan
MARCOS MÍGUEZ

Os veciños piden medidas urxentes para salvar esta esquina do barrio histórico de Pescadería

28 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

No Orzán ( A Coruña) hai bares cada dez metros. A maioría abren ata tarde e son pequenos. Moita xente, aproveitando a configuración das ruelas, estreitos e abrigados do vento, goza das copas fóra. Os veciños lamentan que o lecer nocturno apropiouse do espazo público.

«Hai zonas, como a de Cormelana ou Sellier, onde o maior problema é o ruído ata altas horas da madrugada, como temos documentado en infinidade de vídeos. A isto hai que engadir a sucidade que se xera. Pero, noutras esquinas, como cales Sol e Socorro, temos que falar de delincuencia. Esta non é a hostalería que rexenera barrios, senón a que os degrada», subliña José Luis Méndez.

Os veciños temen que se chegue a un punto de non retorno. «Favorécese o botellón. Cando din que o van quitar dos xardíns de Méndez Núñez, penso, onde vai ir entón? Hai hostais que tiveron que pechar ao ser imposible alugar cuartos e veciños que, tras un gran investimento para comprar aquí un piso, que son caros xa que estamos a un pé do centro e a outra da praia, tivéronse que marchar», enumera Méndez.

O último é «a furgoneta que serve de bordel móbil», aseguran. Os «dous prostíbulos que quedan son do menos problemático que hai», destacan.