Proxección de «Castelao. De chumbo a verba» no Fórum Metropolitano

La Voz A Coruña

A Coruña

Trátase dun documental ficcionado no que se mestura a época actual, coa historia dun neno que celebra o Día das Letras Galegas no seu colexio

02 dic 2019 . Actualizado ás 10:22 h.

Hoxe • 19.30 horas • Entrada gratuíta ata completar a capacidade • A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda proxectarán a película Castelao. De chumbo a verba na sala de cine do Fórum Metropolitano.

Trátase dun documental ficcionado no que se mestura a época actual, coa historia dun neno que celebra o Día das Letras Galegas no seu colexio, e imaxes de arquivo de Castelao, coa intención de dar a coñecer dun xeito pormenorizado as facetas do autor na esfera creativa, persoal e política.