Arrinca a campaña para que Rosalía de Castro nomee unha estrela: «Ten unha proxección cada vez máis internacional»

Mila Méndez Otero
Mila Méndez A Coruña

A Coruña

rosalía
CEDIDA

Un sol da constelación de Ofiuco podería levar o nome da autora de Padrón, o río Sar nomearía o seu exoplaneta

09 novs 2019 . Actualizado ás 19:02 h.

«Quíxente tanto, meniña / tívenche tan grande amor / que para min eras lúa, / branca aurora e craro sol». Os versos de Rosalía de Castro percorren Twitter co hashtag #EstrelaRosalía. A Agrupación Astronómica Ío anima a publicar na rede social os poemas onde a escritora de Padrón cantaba aos astros. A campaña se engobla dentro dunha misión intergaláctica: que a escritora de teña Follas novas a súa propia estrela no firmamento. 

Onde votar

A iniciativa coa que a Unión Astronómica Mundial celebra os seus cen primeiros anos de vida brindou a todos os países unha oportunidade: promover un candidato cada un para nomear unha estrela. Desde España propuxéronse unha ducia de aspirantes. A galega é unha grazas ao traballo da agrupación coruñesa en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro.

Para votar en NameExoWorlds hai que ir á páxina web que leva o mesmo nome, nameexoworlds, e escoller a opción da poeta de Padrón. «Meréceo Rosalía e tamén o merece o universo. É unha agasallo mutuo. Ela foi unha adiantada ao seu tempo. Foi e é unha moderna. Hoxe podemos comprendela aínda mellor que cando ela escribía. Estamos en condicións de valorar a súa audacia. É unha figura totalmente contemporánea», defende Martin Pawley, da Agrupación Ío (podes votar picando aquí). 

Feminista e ecoloxista

Tanto aos afeccionados á Astronomía como ao padroado da Fundación Rosalía sóbranlles os motivos. «Ergueuse contra a tiranía masculina, reivindicou a natureza e criticou calquera tipo de atentado contra a paisaxe», lembra Pawley, que engade: «O ceo está moi presente nos poemas de Rosalía».

A convocatoria tamén inclúe unha proposta para nomear ao exoplaneta HD 149143b que vira ao redor da estrela HD 149143. Chamaríase «río Sar». «Rosalía non só é unha xigantesca escritora galega, é unha xigantesca escritora a secas», reivindica Pawley a figura da compositora que escribiu tanto en galego como en castelán. 

«Rosalía de Castro ten unha proxección cada vez máis potente internacionalmente. É unha emblema de Galicia, pero tamén de España. Os seus valores son os dunha pioneira. Pioneira na recuperación dunha lingua, na defensa da igualdade da muller e na defensa do ecoloxismo, xa daquela criticaba a tala dos bosques autóctonos. Cantou á alborada de Galicia e tamén á noite, ás súas estrelas», detalla Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro

La constelación de Ofiuco, conocida como Serpentario, alberga la estrella asignada a España. Es la HD 149143, que lleva el nombre de Rosalía de Castro y el exoplaneta asociado a este sol es  Río Sar
A constelación de Ofiuco, coñecida como Serpentario, alberga a estrela asignada a España. É a HD 149143, que leva o nome de Rosalía de Castro e o exoplaneta asociado a este sol é Río Sar

A estrela de Rosalía 

HD 149143 é a estrela asociada a España. Situada na constelación de Ofiuco, ten unha magnitude relativa de 7,89, o que a converte nun obxectivo visible con prismáticos en ceos escuros. Con todo, o mellor momento para vela é «no verán», aconsella Pawley, para o que a proposta de Rosalía tamén é unha fórmula perfecta para casar ciencia e cultura. A votación está aberta ata o día 12 de novembro. Os resultados finais coñeceranse a mediados de decembro. 

Xa o presaxiou Curros Enríquez cando escribiu A Rosalía: «¡Ai, dúas que levan na fronte unha estrela! / ¡Ai, dúas que levan non bico un cantar!»

Ergueuse contra a tiranía masculina e reivindicou a natureza

rosalia
Anxo Manso