CONTIDO PATROCINADO
OFRECIDO POR BANCO SABADELL

Pablo Junceda, Director Xeral de Sabadell Gallego e Director Xeral Adxunto de Banco Sabadell

21 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Banco Sabadell vive un momento clave. Como o percibe desde Sabadell Gallego?

Coa ilusión e a entrega de sempre. O proxecto que vimos desenvolvendo desde fai máis dun século en Sabadell Gallego demostra, trimestre tras trimestre, uns resultados excelentes en Galicia e iso tamén se nota na relación de proximidade coas empresas, comercios e familias.

En Galicia a vinculación de Sabadell Gallego co tecido económico é moi forte: levamos anos acompañando aos nosos clientes, implicándonos nos seus proxectos, apoiando a cultura e axudando economicamente a unha cantidade inxente de iniciativas que buscan mellorar a vida dos galegos.

Se me pregunta por percepcións, a miña é que os galegos consideran a Sabadell Gallego como algo seu, algo que pertence ao seu día a día. Por iso eu non podo entender a unha Galicia que mira ao futuro sen contar con Sabadell Gallego.

—Considera ao banco unha peza fundamental na economía rexional?

Sen dúbida. Foino, éo e seguirao sendo. A achega de Sabadell Gallego, como un actor máis, no devir da economía galega, é clave. Iso si, hai máis actores implicados e temos que conseguir remar nunha mesma dirección. A nosa implicación na vida económica, empresarial, asociativa, cultural, social e no impulso do talento é máis necesaria que nunca.

—Que diríalle hoxe aos accionistas do Banco Sabadell?

Que sigan mantendo as súas accións por catro razóns fundamentais: en primeiro lugar a económica, acudir á OPA ou vender no mercado supón un importante impacto fiscal que se pode calcular facilmente na nosa web; a segundo é pola rendibilidade: perderse o dividendo xa aprobado pola venda de TSB é unha malísima decisión, ademais, o noso Plan Estratéxico define un magnífico escenario de beneficios, dividendos e xeración de valor a futuro do que se beneficiarán os nosos accionistas; en terceiro lugar, se BBVA conseguise chegar a entre o 30 % e o 50% do capital, tería que presentar unha nova OPA, que sería en efectivo e a un prezo superior, e por tanto máis vantaxosa para os accionistas e, en cuarto e último lugar -e non menos importante- polo previsible impacto que unha operación deste tipo tería en Asturias. Non só falamos de números, tamén de persoas, de familias, de proxectos…

—Como está a funcionar o negocio en Galicia neste momento?

Hai xa tempo que os resultados son tanxibles e melloran trimestre a trimestre. A nosa estratexia funciona e os distintos equipos están entregados ao seu labor e fan unha traballo excelente. Obviamente todos nós estamos moi comprometidos co proxecto de Banco Sabadell. E isto nótase e nótano os nosos clientes.

Sempre digo que teño a sorte de liderar un equipo humano excepcional, envorcado en facer ben o seu traballo e firmemente comprometido con Galicia. Os nosos Equipos teñen “cara e ollos” e, se tivese que definir unha cualidade, esta sería a súa proximidade.

Acudir á OPA ou vender no mercado non é unha decisión acertada para os accionistas nin en clave económica nin en clave de rendibilidade

—Como definiría o modelo de Banco Sabadell?

Como ben di o noso presidente, Josep Oliu, se Banco Sabadell non existise, habería que inventalo. O Plan Estratéxico centrou a nosa principal actividade en España e somos unha banca de proximidade, especializada en empresas e pemes, cun firme compromiso pola innovación e a dixitalización, con produtos únicos para os particulares e claramente involucrado con Galicia.

Somos un banco que representa valores como a proximidade, a honestidade e a empatía cos nosos clientes. Esta singularidade é a principal fonte de valor da nosa entidade e evidentemente non creo que ninguén queira que estes valores desaparezan.

—Que prioridades se marca Banco Sabadell en Galicia?

A nosa prioridade é seguir consolidando a nosa presenza na Comunidade e continuar apoiando as empresas e aos particulares no seu crecemento e desenvolvemento. É dicir, imos a é seguir crecendo de xeito orgánico da man dos nosos clientes galegos.

Queremos consolidar o noso liderado en financiamento a pemes e empresas, seguir reforzando a innovación tecnolóxica e dar resposta ás necesidades de familias e negocios de Galicia.

Obviamente tamén nos marcamos como obxectivo seguir avanzando en aspectos tan relevantes como a sustentabilidade, a inclusión financeira ou a igualdade; doulle un dato: actualmente o 55% do Equipo e máis do 33% dos directivos son mulleres. Para nós é sinxelo e forma parte do noso ADN: cremos que un banco debe ser un motor de progreso nos territorios nos que está presente. E Sabadell Gallego éo en Galicia.

—Un reto para o próximo ano?

Máis que un reto para o próximo ano, falaríalle dos retos para os próximos anos que están perfectamente definidos no Plan Estratéxico que acaba de presentar o noso Conselleiro Delegado, César Gonzalez Bueno: ser o mellor Banco de España e, por tanto de Galicia. Isto implica uns crecementos sostidos nos nosos volumes de negocio, tanto en investimento como en recursos e seguir avanzando en ser o banco principal de empresas, negocios e familias cuns bos estándares de calidade, rendibilidade e solvencia.

Todo iso permitiranos escenificar un excelente futuro para os nosos accionistas e clientes e, por tanto, para a sociedade española e galega.

Gústame dicir que Sabadell Gallego vai seguir desenvolvendo a súa forma de facer banca durante polo menos outros cen anos. Con isto quero dicirlle que o noso xeito específico, única e persoal de atender o cliente vai sa seguir inalterable co paso dos anos. Van cambiar as formas pero non o fondo; a tecnologia avanza pero nós pomos sempre a persóelas no centro de todo canto facemos.