CONTIDO PATROCINADO
OFRECIDO POR LM SPORTS & FITNESS

No corazón do polígono de Bértoa, en Carballo, naceu recentemente LM Sports & Fitness, un centro deportivo que xa é un referente para os amantes do fitness e o benestar. Con máis de 1.000 m² de instalacións modernas e equipadas con tecnoloxía de última xeración, este espazo está deseñado para ofrecer unha experiencia de adestramento completa, dinámica e personalizada.

Instalacións de vangarda… dentro e fóra!

Dirixido polo carballés Lucio Montero, o centro conta cunha ampla zona de musculación, espazos específicos para adestramento funcional e unha gran variedade de actividades dirixidas para todos os niveis e obxectivos.

Nova apertura da zona de adestramento funcional ao aire libre, perfecta para aproveitar o bo tempo, mellorar o rendemento e conectar coa natureza.

E como complemento perfecto, creouse unha terraza con cafetería aberta a todo o público, ideal para recuperar enerxías tras adestrar, socializar ou gozar dun café. Tamén estará dispoñible para eventos deportivos ou sociais, reforzando o espírito de comunidade.

Nace LUMONT PERFORMANCE: equipamento profesional de alto nivel

Apostando polo crecemento do sector, lanzouse LUMONT PERFORMANCE, unha empresa dedicada á venda de material deportivo para ximnasios, centros deportivos e particulares esixentes. Desde pesas, maquinaria, estruturas funcionais, ata asesoramento para acondicionar espazos, é a opción perfecta para quen busca calidade e experiencia real no sector.

Pero, que ofrecémoste en LM Sports & Fitness?

  • Adestradores cualificados: Profesionais certificados deseñan plans adaptados aos teus obxectivos con seguimento personalizado e seguro.
  • Coaching de saúde e benestar: Un acompañamento emocional e físico para axudarte a mellorar hábitos, xestionar o estrés e acadar a túa mellor versión.
  • Adestramento funcional: Un dos nosos piares. Movementos naturais, forza, coordinación e saúde a calquera idade.
  • Acroyoga: equilibrio en parella: Fusión de ioga e acrobacia para conectar corpo e mente de forma divertida e desafiante.
  • Spinning con ritmo: Sesións potentes para activar corpo e mente con música motivadora.
  • Nutrición en liña e presencial: Plans personalizados: perda de peso, deporte, saúde dixestiva ou hábitos alimentarios sostibles.

Actividades destacadas

Localización e contacto

LM Sports & Fitness e LUMONT PERFORMANCE están en Rúa Volframio, parcela K3, polígono de Bértoa, Carballo.

Instagram: @lm_sports_and_fitness T. 622 454 638 - Aberto 24/7 - Horario: de 05.00am a 1.00am