Onde as emocións se converten en recordos
Jennifer Jiménez. Fotografía familiar en Carballo

Nunha zona tranquila de Carballo, en Rúa José Fraga 4, atópase un recuncho cheo de luz, risas e momentos inesquecibles: o estudo de Jennifer Jiménez Fotografía.
Especializada en fotografía familiar e infantil, Jennifer non só fai fotos… conta historias. Historias reais, con gargalladas, abrazos apertados e miradas que o din todo.

Educadora infantil de formación, con máis de tres anos na escola O Berce (Arteixo), coñece como ninguén o mundo dos máis pequenos. Sabe gañarse a súa confianza, facerlles rir sen esforzo e capturar a súa esencia sen poses forzadas. Por iso, as súas sesións son naturais, espontáneas e moi divertidas.

Desde 2021, o seu estudo converteuse en escenario de centos de recordos: aniversarios, sesións familiares, campañas especiais como Nadal ou o Día da Nai, e moitos momentos cotiáns que merecen ser lembrados. Conta con decorados únicos e personalizados, adaptados ao estilo de cada familia.
O seu estilo é natural, emocional e auténtico. Nada de filtros artificiais nin poses ríxidas. Só ti, a túa familia e ese instante que se converte en recordo.

Se buscas fotos que transmitan emoción e autenticidade, nun ambiente relaxado e acolledor... este é o teu lugar.
Descubre o seu traballo en Instagram: @jenniferjimenez_fotografia
Reserva a túa sesión por WhatsApp: 657 824 647
(Só con cita previa. Recomendamos reservar con 1-2 meses de antelación).