CONTIDO PATROCINADO

A biofábrica de Ence en Pontevedra é un referente en sustentabilidade e xeración de emprego. A través da súa actividade, esta instalación constitúe un exemplo de contribución á bioeconomía circular, partindo dunha xestión forestal sostible e a través dun proceso baseado na utilización de materias primas naturais, renovables e de proximidade.

Máis de mil persoas traballan cada día nesta biofábrica: 425 traballadores son persoal propia da compaña, aos que se suman 300 transportistas e 300 obreiros máis de subcontratistas industriais. Segundo os últimos datos dispoñibles sobre o impacto de Ence no emprego en Galicia, outros 4.100 postos de traballo dependen da planta, dos que 2.100 corresponden ao ámbito forestal e os restantes dous miles a contratistas da área industrial.

Sustentabilidade industrial

Ence é clave para o desenvolvemento do sector forestal en toda Galicia e tamén supón o principal cliente dos produtores galegos de madeira. A compaña actúa como promotora da industria forestal, aplicando as mellores prácticas de xestión no seu patrimonio e estendéndoas ao resto do sector, xerando, desta forma, valor para propietarios, empresas de aproveitamento e transportistas a través das súas compras de madeira.

De feito, a achega anual de Ence ao ámbito rural en Galicia ascende a máis de 190 millóns de euros, superando as dúas liñas de fondos europeos (PAC) destinadas ás explotacións gandeiras e agrícolas.

Calidade ambiental

A biofábrica de Ence en Pontevedra é unha da dúas únicas factorías en Europa e unha das poucas no mundo que blanquea celulosa con auga oxigenada, é dicir, que non utiliza cloro. Os parámetros da planta melloran amplamente as máis esixentes normas e autorizacións ambientais europeas e españolas. Ence Pontevedra, ademais, publica diariamente todos os seus datos ambientais; unha iniciativa voluntaria e única na industria.

Así mesmo, esta instalación foi recoñecida coa etiqueta Nordic Swan, distintivo ecolóxico dos países escandinavos, por cumprir cos máis esixentes criterios de respecto ambiental, así como con  a Distinción Ouro da Comisión Europea.

Outra proba da calidade ambiental de Ence Pontevedra atópase en que centos de persoas marisquean diante da biofábrica. Nesta contorna da Ría hai importantes bancos de marisqueo, destacando o situado nos Praceres, así como nos tramos litorais próximos de Lourido, Combarro e Raxó. Igualmente, na área da Ría próxima ás súas instalacións hai seis praias que recibiron no 2022 o distintivo da bandeira azul da UE: Cabeceira, en Poio; e Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e Santo do Mar, en Marín.

A biofábrica, que se autoabastece de enerxía renovable, dispón ademais do certificado ambiental “Residuo Cero”, que AENOR outorga a aquelas organizacións que levan a cabo unha xestión eficiente dos seus residuos e que son capaces de valorizarlos.

A biomasa que utiliza a compaña conta ademais coa certificación SURE, que garante a súa sustentabilidade e asegura o cumprimento das esixencias da directiva de Enerxías Renovables (UE) 2018/2011 (REDII).

Actualmente a biofábrica está desenvolvendo unha proba piloto para a rexeneración de auga da EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) de Pontevedra; unha iniciativa punteira, baseada na reutilización das augas da depuradora, xunto coa recirculación da auga da propia biofábrica que, de novo, evidencia a firma aposta de Ence pola bioeconomía circular.