CONTIDO PATROCINADO

Vodafone e o Concello traballarán xuntos para mellorar en materia de mobilidade

Sara Cabrero
Redactora de Economía

Santiago vai camiño de converterse nunha das primeiras cidades en axuntar nunha fórmula perfectamente medida pasado e futuro. O pasado que lle outorga a súa longa historia e patrimonio único. E o futuro que porán en marcha as autoridades co proxecto Smartiago, co que confían na Compra Pública de Innovación (CPI) como gran ferramenta tractora I+D+i. E isto servirá, principalmente, para converter a cidade compostelá nunha urbe intelixente. Por iso, os esforzos céntranse agora en traballar en tres grandes retos: mobilidade intelixente e sostible, xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos e iluminación ornamental intelixente para a conservación do patrimonio: «Este proxecto está encamiñado a converter a Santiago de Compostela na primeira iniciativa que busca eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación de I+D ás problemáticas das Cidades Patrimonio no seu conxunto, de maneira que os resultados sexan altamente escalables, eficientes e replicables noutras cidades ou contornas nos que o Patrimonio Histórico sexa un atributo distintivo das mesmas», explica Gumersindo Guinarte, conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago.

Desde o concello lembran que o proxecto Smartiago desenvólvese en virtude a un convenio de colaboración da liña FID (Fomento da Innovación desde a Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela. «Trátase dun importante proxecto, de máis de 6 millóns de euros e está financiado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020. Tamén está cofinanciado nun 10 % pola Axencia Galega de Innovación». Unha das patas sobre as que se sustentará o proxecto é a mobilidade. O obxectivo, explican, é racionalizar a mobilidade e o acceso de vehículos ao centro e ao centro histórico da cidade, especialmente os relacionados con carga e descarga ou os de loxística de última milla. Para solucionar este problema, Smartiago prevé implementar intelixencia artificial e outros desenvolvementos tecnolóxicos que lles permitan acadar unha xestión máis eficiente da mobilidade na améndoa, podendo así racionalizala ou predicir e adiantarse a determinados eventos como as aglomeracións.

E neste camiño, a administración contará coa axuda dun socio con moita bagaxe nisto da mobilidade intelixente e sostible. Vodafone obtivo a máxima puntuación na liña de actuación relacionada coa mobilidade intelixente e propuxo unha solución tecnolóxica a través da que se creará unha plataforma de xestión global: «Nesta, inclúese, por unha banda, o desenvolvemento do primeiro vehículo autónomo modular para o transporte de mercancías de última milla no centro de Santiago e, doutra banda, o control de acceso a zonas restrinxidas, monitorización de persoas e vehículos e xestión de prazas de aparcadoiro», explica Francisco Vallejo, Director Territorial Vodafone, que ademais engade que a plataforma servirá como punto de conexión para compartir todos os datos e pór en común toda a información para facer máis eficiente o transporte na cidade e impulsar a transformación dixital na mesma.

E non é o único proxecto que Vodafone puxo sobre a mesa para achegar o seu coñecemento en Smartiago. Porque a tecnolóxica tamén porá en marcha o que bautizou como un «Living Lab» de innovación e desenvolvemento orientado á loxística de última milla, para pór en común a axentes públicos e privados do territorio nacional e así impulsar novos proxectos de mobilidade e compartir coñecementos do sector.

Pero Smartiago é moito máis que mobilidade. Porque esta iniciativa tamén traballará nos seus primeiros pasos para mellorar a xestión dos residuos sólidos urbanos: «O obxectivo é preparar e axudar á cidade e á nosa cidadanía a lograr aumentar as taxas de recollida selectiva de residuos domésticos e pór a Santiago en consonancia cos obxectivos de reciclaxe e preparación para a reutilización marcados pola Unión Europea», explica Gumersindo Guinarte.

A ILUMINACIÓN

O outro reto que Santiago se propuxo acometer é o da iluminación, co fin de mellorar a iluminación pública e a conservación de fachadas de elevado valor patrimonial, unindo ambos os fins nun único proxecto: «Lograr unha iluminación biostática que inhiba o crecemento de brións e liques que crecen na pedra granítica dos nosos monumentos e que eviten mantementos agresivos no patrimonio compostelán cunha periodicidade recorrente alta», resumo desde o concello. Santiago de Compostela contará ademais con todo o coñecemento que ten Vodafone sobre cuestións tan importantes de cara ao futuro como a IoT, o machine learning, a realidade virtual ou o 5G.

Mellorar a calidade e a dispoñibilidade dos servizos públicos

A incorporación de novas tecnoloxías axudará, e moito, a mellorar a vida dos cidadáns de Santiago. Tamén daqueles peregrinos e visitantes que veñan gozar da beleza desta cidade. Tal e como explica Gumersindo Guinarte, Smartiago permitiralles «mellorar a calidade e dispoñibilidade dos servizos públicos, posto que as solucións contratadas permitirannos traballar con previsión, adiantándonos á presión que os elevados fluxos de poboación estacional exercen sobre a cidade».

Neste sentido, recalca, o impacto do proxecto para o conxunto da cidadanía será evidente en todas as problemáticas detectadas. Pero advirte: «Hai que ter en conta que se trata do desenvolvemento de produtos e solucións que aínda non están no mercado, non hai resultados inmediatos, son a medio e longo prazo». Pero o horizonte é realmente halagüeño. E o proxecto pode cambiar, para ben, a vida de moita xente. «Iniciativas como esta son un claro exemplo dos avances que están a xurdir na sociedade e da importancia da dixitalización para mellorar a calidade de vida nas cidades e impulsar as Smart cities», recalca Francisco Vallejo.

Para o Director Territorial Vodafone, Santiago é unha cidade con moitas posibilidades: «Creemos que, apostando por esta iniciativa, podemos achegar todos os nosos coñecementos en transformación dixital e ser o ‘partner' perfecto para acompañarlles no camiño cara a esa transición de mobilidade intelixente».