CONTIDO PATROCINADO

«Os soños cúmprense con tenacidade, dedicación e esforzo»

Mensaxe de Julián Velasco Mielgo, ex conselleiro delegado do Grupo Cope, no acto de inauguración do curso no Colexio Manuel Peleteiro

09 novs 2021 . Actualizado ás 00:21 h.

A evolución dos medios de comunicación, a creación dun pensamento crítico propio e o cumprimento dos soños a base de dedicación e esforzo foron as principais ideas que trasladou D. Julián Velasco Mielgo, ex conselleiro delegado do Grupo Cope, ao alumnado do Colexio M. Peleteiro.

O centro educativo de Santiago de Compostela retomou este ano o acto de inauguración de curso coa conferencia Medios de comunicación, entre a necesidade e o drama á que asistiron de forma presencial alumnos de 2º de Bacharelato e unha pequena representación de profesores. As familias, que por motivos sanitarios non podían asistir, tiveron a oportunidade de seguir o acto a través da canle de Youtube do Colexio.

Recomendou aos alumnos coñecer distintos puntos de vista para crear a súa propia verdade

D. Julián Velasco Mielgo compartiu cos asistentes a súa experiencia persoal e profesional nos medios e fomentou o espírito crítico entre os mozos. Destacou o poder que ten a información e fixo referencia á inmediatez acadada nestes últimos tempos, que logrou magnificar ese poder. Velasco falou sobre a evolución dos medios, as fake news, a medición e a análise de audiencias e dunha gran cantidade de datos por parte dos medios, e tamén citou ás redes sociais. Ante isto, recomendou «ver, escoitar e ler moitos medios para sacar vosa propia verdade. Buscade sempre distintos puntos de vista, é a clave para obter vosas propias conclusións».

Finalizou o acto pedindo aos alumnos que «teñades grandes soños. Os soños cúmprense con tenacidade, dedicación, esforzo; con vontade conséguense os soños. Asegúrovolo».

Recoñecen a dous alumnos de Peleteiro como Premios Extraordinarios de Bacharelato

Desde hai máis de 30 anos e en practicamente todas as convocatorias anuais, o colexio Peleteiro obtivo algún Premio Extraordinario de Bacharelato.

Este ano non foi menos. Luis García Romarís e Juan Pedro Saborido acaban de ser recoñecidos pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia polo excelente resultado académico logrado nesta etapa educativa.

Ademais, só hai dous colexios en toda Galicia con máis dun alumno premiado e un deles é Peleteiro. Optar a estes premios esixe ter unha cualificación media de Bacharelato igual ou maior a 8,75 puntos e, a continuación, realizar determinadas probas de análises e idiomas; ás que se presentaron nesta convocatoria máis de 700 mozos, entre os que seleccionaron a vinte.

Actualmente, Luis García estuda o dobre grao de Física e Matemáticas e Juan Pedro o grao de Física, ambas na Universidade de Santiago. Os gañadores recibirán un premio en metálico, diploma acreditativo, anotación da distinción no seu expediente académico, exención de pagamento de matrícula no primeiro curso da universidade e teñen a oportunidade de presentarse aos Premios Nacionais de Bacharelato.

‘Mindfulness en familia', a primeira sesión das IV Xornadas de Educación Infantil

O centro educativo Dolores Ramos - Manuel Peleteiro impulsa a cuarta edición das Xornadas de Educación Infantil, recuperando a asistencia presencial e continuando na liña de orientar e axudar aos pais no coidado dos seus fillos, fundamentalmente a familias con nenos de 0 a 6 anos e a profesionais da educación. 

O programa comezou o pasado día 28 de outubro coa sesión Mindfulness en familia a cargo da terapeuta corporal Mita Beutel. Nesta charla compartiu a experiencia do mindfulness na vida cotiá e como a atención plena é algo que todos debemos practicar. «Pode servir de axuda a relacionarnos con menos estrés e máis conciencia», e explicou Mita que «os nenos viven no momento presente e poden ser uns excelentes exemplos para os seus pais».

As xornadas continúan o 24 de novembro con Alimentar aos nosos/as fillos/as sen morrer no intento a cargo da nutricionista Lara Marín. Do axóuxere ao lapis. Que pedirlle ao neno en cada momento?, é a charla que protagonizará a psicóloga Diana Rodríguez o 13 de xaneiro e Escoitar con sensibilidade, sentido e significado correrá da man do docente e investigador sobre Educación José Antonio Fernández Bravo o 17 de febreiro. Pechará as sesións o mestre en Educación musical e Pedagoxía terapéutica Aitor Zenarrutzabeitia coa charla: Musicoterapia: tocando, bailando e cantando. Todas as conferencias son gratuítas pero requiren inscrición previa en: www.educacioninfantildoloresramos.com/xornadas.

Peleteiro retoma a súa programación cultural para enriquecer o desenvolvemento persoal do alumno

Un dos alicerces do proxecto educativo do Colexio M. Peleteiro é a formación en valores dos seus alumnos. Achegar aos mozas novas experiencias culturais, achegarlles testemuños relevantes e temáticas de actualidade, entre outros contidos, compoñen unha parte fundamental do seu desenvolvemento persoal, complementando e enriquecendo tamén a súa formación académica.

A ampla programación de Actividades de Extensión Educativa caracteriza a dinámica de cada curso, promovendo que os estudantes se convertan en persoas críticas e participen activamente da sociedade. O pasado ano, pola pandemia, non se puideron celebrar de forma presencial polo que este curso se retomaron con maior intensidade.

A primeira charla, en conmemoración do Día da Hispanidade, estivo protagonizada polo profesor de Historia da USC, D. Domingo González Lopo: O descubrimento de América: un proxecto que saíu torto. Estivo dirixida a alumnos de 3º de ESO co fin de enriquecer o seu coñecemento sobre esta temática.

A programación tamén contemplou unha xornada de introdución aos drones e á Liga Maker Drone, organizada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia. Nas próxima semanas, a investigadora do CITIC Susana Ladra impartirá unha charla sobre Big Data e o colexio ten previsto acoller a conferencia O mellor investimento es ti a cargo de Carlota Sánchez Puga, coordinadora adxunta da área de Educación Superior AFundación.