Borja Bastón non adestra co Dépor e ultima a súa saída

CDLUGO

O Zaragoza é o equipo que máis se interesou polo dianteiro

24 ago 2014 . Actualizado á 18:20 h.

O Deportivo segue apurando as saídas de xogadores que non contan para o adestrador. O próximo en abandonar o equipo podería ser Borja, que esta mañá non se exercitou cos seus compañeiros en Abegondo. Polo ariete mostrou moito interese o Zaragoza.

Ata o de agora abandonaron a disciplina branquiazul Luis Fernández (cedido ao Lugo), Arizmendi e Rudy.