Último día para apuntarse ao Correndo pola Costa en Zas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Basilio Bello

Será este sábado pola tarde e suporá o ecuador deste circuíto

03 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello de Zas acollerá este sábado a quinta parada do Correndo pola Costa da Morte. O circuíto de carreiras populares acadará así o ecuador desta edición do 2025, á que lle quedarán por diante as probas de Carnota (domingo 29 de xuño), Cee (sábado 5 de xullo), Muxía (domingo 13 de xullo), Corcubión (sábado 6 de setembro) e Fisterra (domingo 12 de outubro).

Hoxe é o último día para inscribirse á xornada deste sábado, que volverá ter á Praza do Concello como epicentro durante a tarde, pois a actividade arrincará ás 17.10 horas. As primeiras saídas serán as dos sub-10 e sub-12, dando paso logo á do 3K (18.00 horas) e á do 10K (18.40). A dos pitufos pechará esta cita ás 20.00 horas. A maiores dos rexistrados no circuíto, hai máis de 120 apuntados para este sábado.