Un millón de euros para Zas a través do Plan Único da Deputación

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

ZAS

A deputada Cristina García visitou onte a localidade, onde estivo acompañada polo alcalde

10 abr 2025 . Actualizado á 12:32 h.

Cristina García, deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, desprazouse onte a Zas, onde se reunión co rexedor, Manuel Muíño, e parte da corporación. A través do Plan Único da Deputación chegan a este municipio 1.065.814 euros (125 millóns para o conxunto da provincia): «É a ferramenta de financiamento local máis relevante», sinalou. Visitaron unha das obras financiadas con este plan, a adecuación viaria entre o centro urbano e o núcleo de Ventoselo (Mira). Muíño asegurou que o plan é unha vía de facer investimentos que doutro modo pequenos concellos non poderían asumir, e Rey incidiu no impacto que teñen os proxectos na calidade de vida veciñal.