San Adrián de Zas despediu a María Carracedo Moreira, que tiña 102 anos

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Luis Lamela

Obituario | Viúva de Joaquín Bello Fandiño, era unha das persoas máis lonxevas do municipio

21 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A parroquia de San Adrián de Castro, en Zas, despediu onte a unha das persoas máis lonxevas do municipio, María Carracedo Moreira, que xa cumprira os 102 anos de idade. Era viúva de Joaquín Bello Fandiño, co que tivo cinco fillos. Os actos fúnebres tiveron lugar onte ás cinco da tarde no templo e cemiterio de San Adrián.