Zas repartirá 3.900 euros no seu Mostra Labarta Pose

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

CONCELLO DE ZAS

O Concello de Zas convoca a sétima edición deste concurso, co ánimo de promover o teatro afeccionado

16 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Convocou a área de Cultura do Concello de Zas unha nova edición, a sétima, da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Chega con novidades, pois a contía de premios sobe a 3.900 euros, co que se pretende fomentar o teatro afeccionado e o teatro feito en Galicia, e en galego. Bases, listaxe de documentación e ficha de inscrición están xa dispoñibles na web municipal e na sede electrónica, con prazo para anotarse ata o próximo 1 de abril. Das obras que se presenten, un xurado elixirá as cinco finalistas que se representarán os días 20 e 27 de abril, así como 4, 11 e 18 de maio, nos auditorios de Zas e Baio. Toda as obras finalistas terán premio, así como a mellor actriz e o mellor actor. O máis elevado, a mellor obra elixida polo xurado, será de 700 euros. Tamén o público terá poder de decisión.