Presentado en Vimianzo o plan formativo do CFR A Coruña para profesorado

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

ANA GARCÍA

Representantes da entidade visitaron tamén a remodelación das instalacións do CFR no IES Terra de Soneira

16 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A xubilación do docente Xosé María Varela, alma máter da Fundación Eduardo Pondal, supón tamén un punto de inflexión para o Centro de Formación e Recursos para o profesorado da Coruña, que reorganizará este curso a distribución dos centros aos que dá servizo.

Un deles é o instituto Terra de Soneira de Vimianzo, ata onde se desprazaron onte representantes do CFR para presentar o plan de actividades formativas deste ano. Falaron, por exemplo, da nova convocatoria de PFPP (Plans de Formación Permanente do Profesorado) á que se poderán acoller aqueles mestres que estean interesados en desenvolver proxectos sobre distintas temáticas, como a inclusión.

Paralelamente, o CFR organizará actividades nas que poderá participar o profesorado, como xornadas sobre patrimonio local, sobre dificultades coa lectura e a escritura ou sobre a pegada de Lugrís e Sotomayor.

O acto de onte estivo conducido por Emilio Veiga, director do CFR A Coruña, e durante o mesmo tamén aproveitaron para visitar a remodelación feita ás instalacións que ten a entidade no instituto soneirán.