Os Concellos de Vimianzo e Zas advirten contra a estafa do asfalto, detectada en varias parroquias

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Ana Garcia

Ambos os consistorios piden aos veciños extremar as precaucións

11 sep 2025 . Actualizado á 23:14 h.

O Concello de Vimianzo advertiu onte a través das súas redes de que detectaron nalgúns núcleos da parroquia de Treos, e tamén noutras, a chamada «estafa do asfalto». Leva xa anos funcionando en España e consiste en ofrecer iso mesmo, asfalto, pavimentacións de accesos a negocios e vivendas a prezos moi baixos e sen IVE. «Ao finalizar a obra, este rede pide aos contratantes unha cantidade de diñeiro moi superior á acordada, procedendo a ameazar se non se efectúa o pago», concreta o Concello vimiancés, que pide aos veciños extremar precaucións. Tamén o Concello de Zas, doutro lado, informou a través das súas redes nas últimas horas de que se detectou este proceder en zonas como Loroño.