O PP de Vimianzo pide ao Concello que compre unha leira para as festas de Baíñas
CARBALLO / LA VOZ
VIMIANZO

O portavoz, José Manuel Rodríguez, lembra que hai unha parcela idónea en venda e que ademais xa se fixo noutras parroquias
07 sep 2025 . Actualizado á 19:34 h.O portavoz e concelleiro do PP de Vimianzo, José Manuel Rodríguez, pide ao goberno local que reserve unha partida económica para a compra dunha parcela que está en venda en Baíñas, e que se podería dedicar a campo para as festas e para os usos lúdicos e veciñais. Reclama á alcaldesa que tome esa medida «sempre en sintonía coa comisión de festas e cos veciños».
Rodríguez (Roque) sinala que o Concello, nos últimos anos, «xa mercou e preparou fincas en varias parroquias para ser campos de festa», por iso é polo que se faga o mesmo coa que está en venda, ou doutra que cumpra coa normativa urbanística para tal uso.