A vimiancesa Tania Caamaño, nova doutora cum laude

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

ANA GARCIA

O traballo, titulado «Os materiais didácticos e as estratexias educativas para atender a diversidade. Análise da percepción do profesorado especialista en música na Educación Primaria» logrou a máxima cualificación.

08 abr 2025 . Actualizado a las 21:09 h.

A música e investigadora Tania Caamaño Liñares, natural de Berdoias, Vimianzo, defendeu onte a súa tese de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela. O traballo, titulado Os materiais didácticos e as estratexias educativas para atender a diversidade. Análise da percepción do profesorado especialista en música na Educación Primaria logrou a máxima cualificación. Foi dirixido polo doutor Jesús Rodríguez Rodríguez e a doutora Montserrat Castro Rodríguez. O tribunal estivo composto polas doutoras Diana Marín Suelves, Daniela GonÇalves e o doutor Gregorio Vicente Nicolás.

Entre o público asistente atopábanse numerosos compañeiros de profesión e destacados representantes da música galega: Xosé Manuel Budiño e toda a súa banda, Guadi Galego ou Olaia Maneiro entre outras amigas que encheron de agarimo a sala Rosalía de Castro da Facultade de Educación. O acto rematou cunha actuación de Pandereteiras sen Fronteiros.