![Iglesia de Tallo.Iglesia parroquial de Tallo, Ponteceso](https://img.lavdg.com/sc/ENyhrlkLcmmkQokgXiATeZS3CTk=/480x/2024/11/22/00121732262522732487913/Foto/C25N5094.jpg)
Foi patrón de pesca no Gran Sol. O enterro será este xoves en Talo
05 feb 2025 . Actualizado á 19:51 h.José Ramón Lema Cotelo faleceu aos 58 anos. Foi patrón de pesca, traballou no Gran Sol, e estaba xubilado polo réxime do mar. O seu pai, José Lema Carabel, tamén se dedicou a navegar. Vivía en Ponteceso e tiña dous fillos.
O enterro será este xoves, día 6, con funeral e enterro na igrexa de Talo. A saída do tanatorio San Antonio de Ponteceso será ás catro da tarde.