Lowcos, Tu Futura Ex Mujer e Radio Zapa! actuarán no Retella Fest en Ponteceso

M. López CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

BASILIO BELLO

O Abaladoiro | A organización celebou o sábado unha festa de presentación da quinta edición do festival

21 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A nova edición do Retella Fest, a quinta, terá lugar na vila pontecesá de Tella o vindeiro 28 de xuño. Así se anunciou o sábado, cinco meses e dez días antes da cita, nun acto de presentación que encheu o local social dos Seixos coas actuacións de varios grupos.

Moi satisfeita se amosou a organización, que aproveitou para avanzar algúns dos nomes que formarán parte do cartel. Lowcos, Tu Futura Ex Mujer e Radio Zapa! son, polo de agora, os concertos que poden desvelar, pero irán sumándose máis. Só agardan que desta volta o tempo sexa máis benévolo: «Algún grupo mesmo tivo que ir mercar roupa de abrigo o ano pasado», bromean os promotores.