O BNG de Ponteceso rexistra unha moción contra a precariedade laboral

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

BNG

Vén de parte dun sindicato e a portavoz do grupo lamenta que en Ponteceso non haxa un regulamento de participación cidadá

05 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A concelleira do BNG en Ponteceso , Fátima Rodríguez, presentou para que se debata en pleno unha moción en nome do sindicato CIG. É unha moción que se presentará tamén noutros concellos galegos e que pide ás Administracións autonómica e estatal medidas para loitar contra a precariedade laboral. O BNG aproveitou para criticar que o municipio pontecesán non dispoña dun regulamento de participación cidadá en plenos.