Todas as idades teñen cabida no Melga de Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Variadas foron as visitas estes días ao Museo Etnolúdico, detalla Pérez e Verdes

04 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Segue Ricardo Pérez e Verdes reportando interesantes visitas ao Museo Etnolúdico de Galicia, o Melga de Ponteceso . Por alí pasaron nos últimos días alumnos do grao de Educación Infantil da Universidade de Vigo, case un centenar de alumnos de primeiro de primaria do colexio Fogar de Carballo (foto) ou, por décima vez, unha expedición chegada desde o Concello de Oleiros, toda unha marca no que a institucións se refire.