O BNG de Ponteceso critica a xestión que fixo o goberno local dun corte de tráfico

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Fátima Rodríguez es la portavoz del BNG pontecesán
Fátima Rodríguez é a portavoz do BNG pontecesán

O Bloque critica que o executivo valore destinar parte do remanente a pagar créditos bancarios antigos

30 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O BNG de Ponteceso critica como xestionou o goberno municipal un corte de tráfico e lamenta a falta de diálogo co sector comercial. Ao seu parecer, tería abondado con incorporar un sinal de rúa sen saída para clarificar a situación.

Por outra banda, tamén censura que o executivo valore destinar parte do remanente a amortizar «créditos bancarios de hai máis de dez años». Segundo o Bloque, o PP é «herdeiro do ‘fondismo'» e non ten ideas reais para Ponteceso.